23out20:00Presentación 'El Balanceo del Alacrán'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+02:00) Librouro

Detalles do eventos

O escritor Eduardo Fernán-López estará en Librouro asinando libros e presentando a súa última novela. El Balanceo del Alacrán é unha novela negra ficticia, pero baseada na traxedia do Villa de Pitanxo.

SINOPSE

En 2022, o pesqueiro Alacrán afundiuse nas costas canadenses tras un forte temporal marítimo, e só dous dos seus vinte e catro tripulantes conseguiron sobrevivir. Despois do inicio do xuízo para esclarecer as causas do naufraxio, aparece morto Raúl Barros, o presidente do conglomerado empresarial propietario do pesqueiro, xunto coa súa única filla, coa que levaba tempo sen falar. A partir dese momento, desátase unha complicada trama corporativa na que os membros do consello de administración da navieira galega loitarán polo control da compañía. O inspector Tristán Negreira e a subinspectora Virginia Almada, do Grupo de Homicidios da Policía Nacional de Vigo, serán os encargados de investigar o dobre crime, cuxos motivos se remontan a moito tempo atrás.

Hora

23 outubro, 2025 20:00(GMT+02:00)

Localización

Librouro

Rúa de Eduardo Iglesias, 12, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events