>

20xuñ11:30Presentación e sinatura de `Polvo, barro y fe´actividades para o coco | De balde11:30(GMT+02:00) Banda Deseñada

Detalles do eventos

Miguel Fernández, debuxante da coñecida obra La espada de San Eufrasio, regresa para presentar e dedicar exemplares da súa última creación de banda deseñada, Polvo, barro y fe. Esta novela gráfica narra con rigor histórico, aventura e fe a expedición do alemán Hermann Künig, quen documentou no século XV a que sería a primeira guía do Camiño de Santiago, un itinerario seguido hoxe en día por millóns de peregrinos. Trátase dunha presentación moi especial ao ser unha edición de coleccionista cunha tirada e difusión moi limitada, polo que se recomenda facer unha reserva previa; no caso de non poder asistir, pódense realizar encargos que se recollerán por orde de chegada, aínda que se dará prioridade ás persoas que acudan fisicamente ao acto.

Hora

20 xuño, 2026 11:30(GMT+02:00)

Localización

Banda Deseñada

Rúa Portela, 3, 36205 Vigo, Pontevedra

Other Events