REVISTA FEBREIRO

Presentación 'E que vai ser?', de Adelaida Vidal

11nov12:30Presentación 'E que vai ser?', de Adelaida VidalACTIVIDADES PARA O COCO | De balde12:30(GMT+01:00) Fnac Vialia

Detalles do eventos

Presentación do libro ‘E que vai ser?’, de Adelaida Vidal

Unha bebé escoita desde o inicio da súa xestación como a nai ten que responder da forma máis sorprendente a familiares e amizades as preguntas que lle fan sobre que vai ser ela unha vez naza. Tanto importa? *** Obra gañadora do IV Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (2023), polos motivos que indica o xurado: E que vai ser? é unha historia divertida, contada en verso, que posibilita o diálogo entre a familia e as crianzas nas primeiras idades. Empregando maxistralmente a linguaxe inclusiva e facendo un hábil uso do humor e a retranca, esta obra fainos reflexionar sobre os estereotipos de xénero que proxectamos nas e nos bebés desde o momento da concepción. Cun final inesperado, E que vai ser? mantennos ao longo das súas páxinas un sorriso cómplice e esperanzado que nos fai repensar como nos enfrontamos aos estereotipos antes mesmo de nacer e lembra que somos persoas e non tanto xéneros.

Máis

Hora

11 novembro, 2023 12:30(GMT+01:00)

Localización

Fnac Vialia

Plaza de la Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events