Detalles do eventos
LUCÍA BELARTE E DAVID LORENZO PRESENTAN «A PANADERÍA» EN LIBROS PARA SOÑAR Realizadas integramente con grafito, as espectaculares ilustracións deste novo libro publicado por Kalandraka
Detalles do eventos
LUCÍA BELARTE E DAVID LORENZO PRESENTAN «A PANADERÍA» EN LIBROS PARA SOÑAR
Realizadas integramente con grafito, as espectaculares ilustracións deste novo libro publicado por Kalandraka destacan polo seu detallismo e forza comunicativa
«A panadería» é o novo libro dos ourensáns Lucía Belarte e David Lorenzo, unha fábula actual protagonizada por unha familia de lobos que, buscando onde dedicarse ao seu oficio como panadeiros, se mudan a unha pequena vila, onde terán que vencer o receo da veciñanza. A libraría Libros para soñar (Triunfo, 1) de Vigo acolle a presentación da obra -publicada por KALANDRAKA para nenas e nenos a partir de catro anos- este venres 21 de novembro a partir das 18:00 horas. Canda a lectura do relato, os autores tamén impartirán un taller creativo a partir das elaboracións que se atopan nas panaderías. Ademais, as ilustracións de David Lorenzo permanecerán expostas en LIBROS PARA SOÑAR durante este mes.
Hora
21 novembro, 2025 18:00(GMT+01:00)
Localización
Libros para soñar
Rúa Triunfo, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
decembro



