decembro, 2019

09dec20:0020:30Presentación e coloquio de «Longa Noite»ACTIVIDADES PARA O COCO | -20:00 - 20:30 Multicines Norte

Máis

Detalles do evento

Desde este xoves 5 de decembro poderase gozar de Longa noite, de Eloy Enciso, nos Multicines Norte. Ademais o luns 9 ás 20:20 celebrarase un pase moi especial que contará con presentación e coloquio co cineasta Eloy Enciso, o actor Zé Paredes e o filólogo e columnista Xurxo Martínez González.

Entradas xa á venda: https://cutt.ly/Ke3dia2

SINOPSE
Durante a posguerra española, Anxo regresa ao seu pobo no interior de Galicia. Alí crúzase con outros personaxes, gañadores e vencidos dunha España dividida: unha viúva que non quere lembrar, un comerciante que emigra, un prisioneiro republicano que describe o seu calvario. A entrega dunha carta obriga a Anxo a cruzar a fronteira e adentrarse no longa noite franquista. As pantasmas que todos crían esquecidas invaden o presente.

Un retrato do impacto íntimo dunha guerra atravesado pola súa memoria literaria: Max Aub, Luis Seoane, Alfonso Sastre, Ramón de Valenzuela, Rodolfo Fogwill.

FESTIVAIS
Locarno Film Festival – Mellor Dirección para a Crítica Especializada | TIFF | NYFF | Festival de Sevilla – Sección Oficial | Festival Internacional de Cine de Mar del Plata – Mención Especial do Xurado

A crítica dixo:
«Cinema que perdura, que é atemporal e universal» (Cine maldito)
«Un monumento á memoria feita verbo. Un dos grandes títulos deste 2019» (SO FILM)
«Dunha beleza espectral» (Cinema Scope)
«Tenra, salvaxe. Dun ritmo e sensualidade impoñentes» (ROGEREBERT.com)

Hora

(Luns) 20:00 - 20:30

Lugar

Multicines Norte

Calle Vía Norte, 22, 36204 Vigo, Pontevedra

X