Detalles do eventos
No ano 2026 cúmprense 30 anos do falecemento de Xosé Telmo LODEIRO (30-11-1996), aniversario que debe ser sinalado e punto de partida para un recoñecemento artístico e cidadán.
Detalles do eventos
No ano 2026 cúmprense 30 anos do falecemento de Xosé Telmo LODEIRO (30-11-1996), aniversario que debe ser sinalado e punto de partida para un recoñecemento artístico e cidadán. A cidade de Vigo e Galicia, e as novas xeracións
deben coñecer a obra e personalidade dun artista imprescindible para a arte galega e, no documental, o público poderá ver algunhas das súas etapas e múltiples facetas, sendo unha boa aproximación á súa traxectoria tanto pictórica como humana. Pintor vigués, asinaba como LODEIRO, pintor de Vigo.
Lodeiro foi un pintor autodidacta, mais a súa intelixencia e constancia leváronlle á creación dunha linguaxe propia e identificable dentro da máis absoluta modernidade; recoñecido polos colegas do grupo Atlántica e por toda a intelectualidade galega do século pasado.
No documental, entrevistáronse persoas que fosen significativas e puidesen crear un retrato de Lodeiro ao cabo dos 30 anos da súa falta: familia, amigos, coleccionistas, estudosos, críticos, comisarios e artistas compoñen a voz coral deste documental. Entre eles Román Pereiro, Ánxeles Penas, Ánxel Huete, Carlos Bernárdez, Correa Corredoira, e
Miguel Anxo Rodríguez.
Non podían faltar algún dos textos que os máis importantes escritores da época escribiron sobre el e sobre a súa obra, como foron Blanco Amor, Cunqueiro, Ferrín, Xohana Torres, e Oroza. Imprescindible, por suposto, ensinar unha selección da súa traxectoria e etapas pictóricas: dende as súas figuras iniciais, as súas paisaxes en franxas desgradadas, a inclusión e estudo na arte xeométrica, bebendo dos ópticos e lodeirizando todos os movementos, á súa obra final sen materia xa “As Flores”. Ademáis de gravados, tintas, témperas… O día 13 de marzo inaugúrase unha exposición de gravados de Lodeiro no Museo de Artes do Gravado de Ribeira, comisariada por Xosé Carlos López Bernárdez.
Hora
12 febreiro, 2026 19:30(GMT+01:00)
Localización
Sede Afundación
Rúa Policarpo Sanz, 24-26, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
marzo

