REVISTA FEBREIRO

05feb20:00PRESENTACIÓN DO POEMARIO TEOTZIN POR ELVIRA JARDÓNActividades para o coco | de balde20:00(GMT+01:00) Asociación Cultural Évame Oroza

Detalles do eventos

A asociación cultural Évame Oroza acollerá o xoves 5 de febreiro a presentación de Teotzin, o novo poemario da poeta e fotógrafa viguesa Elvira Jardón, editado por Editorial Cuadranta. No acto, que comezará ás 20:00 horas, a autora estará acompañada por María Lado e Luis Boullosa.  

Teotzin —termo que en náhuatl significa “venerable enerxía sagrada”— é un libro de poemas que funciona como un conxuro sobre a transmutación. A obra propón unha viaxe cara a territorios nos que corpo, memoria e o sagrado
conflúen nunha mesma corrente. A voz poética atravesa linaxes, especies, ecosistemas e estados de conciencia nun movemento cíclico que vai do eu á disolución do eu, nun proceso complexo, ambiguo, escuro e luminoso á vez.

O poemario constitúe un canto á existencia entendida como metamorfose e un recordatorio de que a conciencia non pertence exclusivamente ao individuo, senón a algo máis vasto que nos habita e ao mundo que nos rodea.

Elvira Jardón (Vigo, 1983) é poeta e fotógrafa. Viviu en cidades como Dublín, Madrid, Barcelona, Coímbra e Setúbal, aínda que sempre regresa a Galicia, onde desenvolve a maior parte do seu traballo creativo. É autora dos poemarios Una mujer fácil (2018) e Caza mayor (2022), e os seus textos forman parte de diversas antoloxías e proxectos colectivos.

É tamén co-creadora de O froito e a serpe, un colectivo dedicado a recitais e experiencias poéticas que exploran o ritual e o íntimo. A súa obra fotográfica, premiada e seleccionada en distintas convocatorias nacionais, foi publicada e exposta en diversos espazos culturais, fanzines e libros. Tanto na poesía como na fotografía, o seu traballo afonda na natureza, a emoción, a ferida e a beleza secreta do cotián.

Hora

5 febreiro, 2026 20:00(GMT+01:00)

Localización

Asociación Cultural Évame Oroza

Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events