ORQUESTRA CLÁSICA

12mar19:30PRESENTACIÓN DO POEMARIO 'CENIZAS DE CRISTAL' DE VICTORIA ABREUESPECTÁCULOS | De balde 19:30(GMT+01:00) Asociación Cultural Évame Oroza

Detalles do eventos

A asociación cultural Évame Oroza acollerá a presentación do poemario Cenizas de cristal, da autora viguesa Victoria Abreu. O acto estará conducido pola comunicadora Charo Milogo e contará coa intervención musical de Nacho G Doval. Ademais, acompañarán á autora nesta presentación as poetas Susi de la Torre e Franchesca da Silva, que participarán nun encontro literario arredor da obra.

Cenizas de cristal é un poemario fraguado ao longo de varias décadas e nace dun conxunto de textos escritos tras unha etapa marcada pola depresión. A obra constrúe así un percorrido emocional que transita desde unha primeira parte máis introspectiva e marcada pola escuridade cara a unha segunda sección máis luminosa, dinámica e chea de cor.

Entrada de balde ata completar aforo.

Hora

12 marzo, 2026 19:30(GMT+01:00)

Localización

Asociación Cultural Évame Oroza

Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events