17abr19:30Presentación do libro 'Versos e lúas'ESPECTÁCULOS | De balde19:30(GMT+02:00) A Morada
Detalles do eventos
Presentación do poemario ‘VERSOS E LÚAS. Poemas das criaturas máxicas de Galicia’ Coa autora Rochi Novoa. Acompaña a editora Vanessa Glemsel. Entre as páxinas de
Detalles do eventos
Presentación do poemario ‘VERSOS E LÚAS. Poemas das criaturas máxicas de Galicia’
Coa autora Rochi Novoa. Acompaña a editora Vanessa Glemsel.
Entre as páxinas de ‘Versos e Lúas’ agardan versos que danzan coa maxia das criaturas mitolóxicas galegas: seres lendarios que viven entre o soño e a historia, entre o real e o misterioso.
Unha presentación para grandes e pequen@s dun libro creado para gozar en familia. Vén descubrir, da man da autora Rochi Novoa, os seres que habitan os espazos máis máxicos da Galiza.
Sobre Rochi Novoa Vázquez (Xunqueira de Ambía, 1975):
Mestra, poeta, narradora, pintora, letrista e activista cultural. Artista de corpo enteiro, percorre palabra, cor e música cunha forte vontade de unir emoción e conciencia social.
Autora de poemarios como ‘Cos pés na terra e a alma na lúa’ (2009), ‘Sen ti son Eu’ (2012), ‘Muller de Papel’ (2015), ‘MaXic’ (2020), ‘Punk-dereta’ (2021), ‘Diagnóstico Poético. Os versos que levas dentro’ (2023) ou ‘Arame e fío’ (2024), a súa obra destaca pola integración de poesía, música e imaxe.
Fundadora de asociacións locais, promotora de recitais e impulsora da recuperación do Entroido tradicional da súa terra, a súa traxectoria é un diálogo constante entre arte e vida.
Data: Venres 17 de abril
Hora: 19:30 h
Prezo: De balde
Hora
17 abril, 2026 19:30(GMT+02:00)
Localización
A Morada
R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra



