Detalles do eventos
Susana Maceira, autora galego-arxentina, nada na emigración en Bos Aires e dende uns meses instalada en Vigo defínese coma unha escritora tardía. So coa xubilación
Detalles do eventos
Susana Maceira, autora galego-arxentina, nada na emigración en Bos Aires e dende uns meses instalada en Vigo defínese coma unha escritora tardía. So coa xubilación como profesora de historia aventurouse no relato da memoria
familiar, que abarca todo o século XX, homenaxeando así, ás mulleres combativas da súa familia -bisavoa, avoa, nai- de Beiro (Carballeda de Avia, Ourense) que atravesaron o Atlántico noutros tempos. Vidas de mulleres de orixe campesiña, pero tamén retrato rural e cruzado dos anos da Guerra Civil: fuxidas, denuncias, persecucións, cárcel…
Por último, na definitiva emigración dunha gran parte do grupo familiar, que atopou na capital do Sur o futuro e a paz que lles faltaba aquí. Unha narración que emociona.
Susana Maceira Quinteiro, historiadora que cursou os seus estudos de especialización do mundo árabe sobre a temática da muller en “Al Ándalus” na Universidad Autónoma de Madrid. Asimesmo, tamén estudou na mesma Universidade Complutense de Madrid, arte islámico. A maiores, realizou cursos de doctorado na USC.
Hora
10 marzo, 2026 19:00(GMT+01:00)


