
Detalles do eventos
Este martes 14 de febreiro, ás 19 horas, presenta Chis Oliveira a autora María Xosé Porteiro co seu libro #Taméneu. María Xosé Porteiro, escritora e
Presentación '#Taméneu' de María Xosé Porteiro
Este martes 14 de febreiro, ás 19 horas, presenta Chis Oliveira a autora María Xosé Porteiro co seu libro #Taméneu.
María Xosé Porteiro, escritora e xornalista, recolle neste libro setenta e sete traballos xornalísticos sobre o que ela mesma denomina “a revolución feminista”. O título da obra lembra o hashtag #MeToo, que comezou a utilizarse en 2017 para denunciar os abusos sexuais no cinema estadounidense, pero que acabou eclosionando a nivel mundial cun movemento social que non tivo paradigma, que mobilizou a millóns de persoas e que axudou a visibilizar aínda máis que as violencias machistas existen en todas as clases sociais, en todos os sectores e en todas as idades.
Na súa obra, María Xosé Porteiro aborda aspectos como os feminicidios, a linguaxe sexista, as multidiscriminacións de colectivos como as mulleres con síndrome de Asperxer, trata e tráfico de mulleres para a prostitución ou o aumento da violencia sexual.
Máis

(Martes) 19:00
Biblioteca Juan Compañel
Rúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra