
Detalles do eventos
A sala Ártika acolle o venres 23 de febreiro ás 20.00 horas a presentación do libro Laboratorio de escrita para Teatro – “Revoluções” da man
Detalles do eventos
A sala Ártika acolle o venres 23 de febreiro ás 20.00 horas a presentación do libro Laboratorio de escrita para Teatro – “Revoluções” da man do Club de Lectura realizado na sala viguesa. O acto contará coa lectura dramatizada de dous dos seis textos que integran o volume: Vitória, da galega Iria Pinheiro-Santos e A grande cerimónia, da portuguesa Bárbara Soares.
Coa intención de construír espazos de encontro desde os que achegarse un pouco máis á dramaturxia contemporánea, a Sala Artika incorpórase así ao proxecto de escrita coordinado polo dramaturgo Ricardo Correia, a dramaturga Vanesa Sotelo e a antropóloga Sónia Ferreira.
Xunto coa presenza da autora Iria Pinheiro e do elenco formado polos integrantes do clube de lectura (Rosa Estévez, Rolando Sánchez, Pablo Rodríguez, Nuria Otero, Nuria Pérez, João José Gouveia e Roberto Vázquez), o acto contará coa participación do actor Salvador del Río, da actriz Arantza Villar e da dramaturga Paula Carballeira.
A segunda edición do Laboratorio de Escrita para Teatro – Dramaturgias Políticas Contemporáneas reuniu en 2023 unha selección de seis dramaturgas/os co obxectivo de escribir pezas breves a partir do tema “Revoluções” anticipando as celebracións dos 50 anos do 25 de abril.
As participantes: Bárbara Soares (Portugal), Iria Pinheiro (Galicia), Inês Mendes (Portugal), Filipe Santos (Portugal), Martin Santos (Portugal), Célia Meguelatti (Francia) convocaron diferentes revolucións para tratar o tema que foron desenvolvendo ao longo de seis meses de escrita que neste mes de febreiro inicia o seu encontro co público. Ademais do acto deste venres en Ártika, o proxecto ten previstas presentacións públicas en Coimbra durante o mes de abril e en Loulé no mes de maio.
Máis
Hora
23 febreiro, 2024 20:00(GMT+01:00)
Localización
Sala Ártika
Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual