OV430

05dec19:00PRESENTACIÓN DO LIBRO 'PERDER O NORTE'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00) El Corte Inglés

Detalles do eventos

María Quiroga presenta o seu libro “Perder o norte”, Premio Literario Illa Nova de Narrativa, mañá venres 5 de decembro ás 19.00 horas na libraría de El Corte Inglés Vigo.

PERDER O NORTE

A perda dunha persoa querida de maneira inesperada, os recordos que golpean a memoria, as palabras que non se din, os encontros que adiamos e a culpa que aparece irremediablemente. Unha viaxe en bicicleta para ordenar os pensamentos, tempo a soas para conectar con unha mesma e tamén para trabar conversa con persoas descoñecidas que emprenden o Camiño de Santiago coas súas propias mochilas persoais. O rodar e a auga salgada de mar como catarse. Perder o norte é unha viaxe poderosa por diversos territorios físicos e emocionais.

MARÍA QUIROGA (Lugo, 1992) escribe desde nena. Estudou Neurociencias en Edimburgo e Medicina en Madrid. En 2020 residiu na Fundación Gala para Creadores Novos. Vive en Suiza onde pedalea, corre, nada e investiga os efectos do cambio climático na saúde mental. Perder o norte é a primeira novela que publica e coa que gaña o Premio Illa Nova de Narrativa 2025.

Hora

5 decembro, 2025 19:00(GMT+01:00)

Localización

El Corte Inglés

Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events