VIALIA
KIKIMORENTE

Presentación do libro "Ojos llenos de árboles" de Pablo Gallo

01mar12:00Presentación do libro "Ojos llenos de árboles" de Pablo GalloACTIVIDADES PARA O COCO | De balde12:00(GMT+01:00) Galería Maraca

Detalles do eventos

Pablo Gallo (A Coruña, 1975) é un artista galego que destaca como debuxante, pintor, ilustrador e escritor. Formado nas escolas de arte Pablo Picasso (Coruña) e Massana (Barcelona), expuxo a súa obra desde 1995 e ilustrou portadas para editoriais como Anagrama, Seix Barral e Destino. O seu estilo nútrese de pintores clásicos como Velázquez e contemporáneos como Hopper, ademais de referentes do cómic como Moebius.

Como escritor, publicou libros como Siete días en las siete calles e Dibujar en la oscuridad. Agora presenta Ojos llenos de árboles (2025), unha obra ilustrada que pode ser un caderno de campo, un prodixioso ensaio naturalista, un gabinete de curiosidades arbóreas ou a crónica dun paseante no que árbores e bosques, a natureza como testemuña do tempo e a memoria, son sacros, símbolos do eterno fronte ás bajezas, tropelías e violencias do ser humano, conectando maxistralmente pasado e presente a través de lendarios duelos entre leñadores vascos, enormes esvásticas construídas con árbores durante a Segunda Guerra Mundial, nenas que se perden no bosque e cando regresan xa non son as mesmas, antigos ermitáns que viviron e rezaron no alto das árbores, a cantante Billie Holiday perseguida polas árbores do sur ou artistas fascinados coa natureza, como William Blake e Caspar David.

A presentación de Ojos llenos de árboles será o sábado 1 de marzo ás 12:00 h en Galería Maraca, coa participación do escritor Luis Boullosa.

Máis

Hora

1 marzo, 2025 12:00(GMT+01:00)

Localización

Galería Maraca

Rúa do Doutor Cadaval, 12, bajo, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events