Detalles do eventos
Día, hora e lugar: Xoves, 19 de marzo as 19:30 horas, en RioLagares, Falperra 16, Vigo.Intervirán: Manolo Veiga e Xurxo Estévez CV do autor, Xurxo Estévez
Detalles do eventos
Día, hora e lugar: Xoves, 19 de marzo as 19:30 horas, en RioLagares, Falperra 16, Vigo.
Intervirán: Manolo Veiga e Xurxo Estévez
CV do autor, Xurxo Estévez
Xurxo Estévez (1951, A Coruña), residiu durante 17 anos no Brasil e 12 en Lisboa, polo que produce artefactos culturais galaico-lusófonos.
Arquitecto técnico e doutorado en Belas Artes, foi colaborador de A Nosa Terra e animador de un dos seus blogs na edición dixital. Publicou “Espiral de lideiras” en Espiral Maior e na editorial Tàndem en versión catalana e editou artigos en A trabe de ouro, Veus Alternatives e outros medios.
Colaborou con Radio Fene, coa radio libre Klara de València e foi un dos fundadores da Radio Piratona de Vigo.
A principios dos anos 70 foi un dos promotores do Dylan´s, un local alternativo emblemático de A Coruña e, xa no século XXI, de Ca Revolta, en València, onde tamén residiu durante 16 anos e impulsou Xara, unha webTV.
Súa obra plástica expúxose no Museo Reina Sofía de Madrid, na Fundació Tàpies, no Centre d´Arts Santa Mónica e no Museu d´Art Contemporani de Barcelona, na Fundació Miró de Mallorca, no Institut Valencià d´Art Modern, en Arteleku de Donostia e en diversos foros audiovisuais.
RESUMO DO LIBRO
Un resumo do libro? 3 frases curtas e 48 Notas ao pé de páxina, polas que circulan feministas, o imperio romano, a Táboa Redonda e Bob Dylan, alén do lumpemproletariado, a Real Academia e os Mártires de Carral, os celtas, a queimada, a Divina Comedia e anacos da Historia da Galiza. Tamén, como non, a CIA, os ianomamis, os rusos e a Conferencia Episcopal. E non podían faltar o papa, as pastoriñas de Fátima… e os apóstolos ou algo así … En fin…
Hora
19 marzo, 2026 19:28(GMT+01:00)
Localización
RioLagares
Rúa Falperra, 16, 36202 Vigo, Pontevedra



