FAITE AMOVIDALOVER

11feb19:30Presentación do libro Memoria & Deseoactividades para o coco | de balde19:30(GMT+01:00) A Morada

Detalles do eventos

Esta antoloxía recolle un encontro interdisciplinar de autoras no que nos preguntamos: Como dar conta das memorias da disidencia sexual e de xénero? Como comprender a súa delicada beleza, afastada de procesos de transmisión transparentes que evidencian os fracasos da disciplina histórica?

Resoamos nas canles que estas memorias do pasado nos achegan para propoñer un pacto cos seus desexos. Atrevémonos a explorar formas de investigación que escapan de certas metodoloxías, defendendo que somos nós quen pode propoñer un conxunto de memorias alternativas, con modos especificamente cuir e, máis aínda, lésbicos.

Son escrituras atravesadas pola presenza constante do arquivo na súa materialidade —fotografías, legaxos, cartas, poemas, debuxos, prensa e outros materiais— que abren un espazo para a ausencia e dotan á memoria dun sentido subversivo. Investigacións heterodoxas que abren portais ao pasado e ao futuro, conformando un caleidoscopio interxeracional do que nos sentimos, sen pudor, parte.

🖋️ Coordinación: María Rosón
✍️ Autoras: Isabel Cadenas Cañón, Lucas Platero, Anto Rodríguez, María Salgado, Moisés Fernández Cano, Paula García Robleño, Jesús Pascual, Las Hijas de Felipe, Nuria Capdevila-Argüelles, Cecilia Pascual, Carla Boserman, Víctor Sánchez de la Peña, Ana Pol, Elena Castro Córdoba, Javier Fernández Galeano, Colectivo O.R.G.I.A, Javier Sáez del Álamo e Eva Moreno-Lago.

Hora

11 febreiro, 2026 19:30(GMT+01:00)

Localización

A Morada

R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events