Presentación do libro 'Mamasunción' de Pedro Sancho

13out19:00Presentación do libro 'Mamasunción' de Pedro SanchoACTIVIDADES PARA O COCO | De Balde19:00(GMT+02:00) Museo do Mar

Detalles do eventos

Pedro Sancho, autor de Mamasunción. Como facer unha película a través da mirada de Chano Piñeiro, presenta o libro nun evento no que participará tamén Mari Luz Montes, viúva do director.

O 24 de xullo de 1985 Mamasunción inaugura as emisión da Televisión de Galicia marcando un fito na historia do audiovisual galego. Con este libro preténdese, en primeiro termo, amosar como facía cine Chano Piñeiro a través da súa curtametraxe Mamasunción e ensinar como se fai unha curtametraxe. A aportación de Mari Luz Montes, con moitísimo material inédito, dota a este libro dun gran valor, tanto a nivel histórico no ámbito do cine galego, como a nivel didáctico para profesionais ou non profesionais do sector audiovisual que queiran aprender a facer cine.

Sobre o autor

Pedro Sancho Díaz (Vigo, 1982) é guionista e director de cine. Roda a súa primera curtametraxe en 2009. En 2015, a súa cuarta Pato Extraterrestre foi adquirida para proxectarse nos cines de Francia como pase previo de Magical Girl de Carlos Vermut. En 2018 HBO USA Latino merca a súa curtametraxe La madrina formando parte do catálogo permanente da plataforma dixital. Actualmente é profesor da Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Failde en Ourense.

Máis

Hora

(Mércores) 19:00(GMT+02:00)

Localización

Museo do Mar

Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events