Detalles do eventos
El último refugio é a crónica dunha busca: a dos rastros mínimos e esenciais que deixaron catro escritoras nos espacios onde viviron e crearon. Mesas desordeadas, libros apilados,
Detalles do eventos
El último refugio é a crónica dunha busca: a dos rastros mínimos e esenciais que deixaron catro escritoras nos espacios onde viviron e crearon. Mesas desordeadas, libros apilados, habitacións núas, fósforos, cinceiros? Cada obxecto esquecido, cada ventá aberta a paisaxe é unha pista que Isabel Parreño persegue coa precisión dunha investigadora obsesionada cos detalles.
A autora adéntrase nas habitacións propias de Virginia Woolf, Anna Ajmátova, Karen Blixen e Emilia Pardo Bazán, e reconstrúe estes espazos e os seus secretos. Abre portas pechadas baixo chave, toma fotografías prohibidas, consulta libros acantoados. Converte os seus achados nunha firme reivindicación: a escrita como casa definitiva; o único refuxio onde estas autoras, máis alá do tempo, seguen habitando.
Isabel Parreño vive en Vigo, é licenciada en Filoloxía Hispánica e profesora de Literatura. Coeditou Miquiño mío. Cartas a Galdós de Emilia Pardo Bazán (Turner, 2020) e publicou o libro de viaxes Postales de New York (Ediciones del viento, 2019) e Blu Palinuro (Menguantes 2022), un percorrido literario por Italia. É autora de varios blogs e colabora con diversas revistas de crítica literaria.
Martes, 7 de abril de 2026 ás 19:00 h no Centro de Documentación e Recursos Feministas.
Hora
7 abril, 2026 19:00(GMT+02:00)
Localización
Biblioteca Juan Compañel
Rúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra


