FAITE AMOVIDALOVER

26feb19:30Presentación do libro 'As portas condenadas'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde 19:30(GMT+01:00) RioLagares

Detalles do eventos

O único máxico que hai na vida de Eleusis é o seu nome, que por outra banda é postizo. A súa existencia transcorre tristemente no pequeno mundo dunha Auria monótona e gris, entre frías relacións familiares, mesquiñas pseudoamizades e escasas perspectivas de futuro. Os seus días carecen de cor, ata que unha enigmática chamada introduce na súa vida un matiz progresivamente maior de incerteza, suspense e quizais esperanza. Así irá achegándose aos portais do misterio, onde descubrirá un segredo que podería rematar para sempre co seu pequeno mundo…, quizais, dun xeito máis literal do que lle gustaría.

Hora

26 febreiro, 2026 19:30(GMT+01:00)

Localización

RioLagares

Rúa Falperra, 16, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events