CANS

27mar18:30Presentación do libro 'Antón. Uno más, nada menos'ESPECTÁCULOS | De balde 18:30(GMT+01:00) Biblioteca Xosé Neira Vilas

Detalles do eventos

FOANPAS, a federación que reúne as asociacións de pais e nais do alumnado de Vigo e da comarca, ofrece a oportunidade de achegarse á obra Antón. Uno más, nada menos, que recompila os textos escritos en forma de diario por Antón Fontao Saavedra desde os 14 anos ata o momento no que acada a maioría de idade. Ao longo destas páxinas, o autor constrúe un relato íntimo que transcende o diario adolescente para converterse nunha testemuña profunda sobre a vivencia da discapacidade, a soidade e a invisibilidade durante a etapa da Educación Secundaria Obrigatoria.

A escritura cumpre para Antón unha función claramente terapéutica, mais o libro é tamén unha reivindicación do seu lugar no mundo. Tal e como indica o título, reclama ser un máis, non un menos, sen pedir permiso nin inclusión nun espazo que tamén lle pertence por dereito. Autoeditada polo autor e a súa familia, a obra aspira a visibilizar a realidade do alumnado con discapacidade e a interpelar a toda a comunidade educativa sobre as consecuencias do illamento e da soidade, entendidas como unha forma de maltrato.

Máis información

Hora

27 marzo, 2026 18:30(GMT+01:00)

Localización

Biblioteca Xosé Neira Vilas

Avenida de Emilio Martínez Garrido, 21, 36205 Vigo, Pontevedra

Other Events