
Detalles do eventos
Libraría Cartabón comprácese en convidarte á presentación do libro A mensaxe entre as sombras. Obra poética de Isaac Díaz Pardo, coa edición de Esperanza Luz Mariño Davila. O
Presentación do libro "A mensaxe entre as sombras"
Libraría Cartabón comprácese en convidarte á presentación do libro A mensaxe entre as sombras. Obra poética de Isaac Díaz Pardo, coa edición de Esperanza Luz Mariño Davila. O libro está editado por Xerais.
Estarán presentes Esperanza Luz Mariño Davila e Xesús Alonso Montero.
Sinopse do libro
Non sorprende o Isaac Díaz Pardo pintor, ceramista, deseñador, editor… pero, o poeta? Coa súa personalidade de creador infatigable e animador titánico, Isaac foi tamén un prolífico escritor, aínda que esta faceta non resulte nin ben coñecida nin debidamente ponderada. Ora ben, Isaac desenvolveu, ademais do xornalismo, todos os xéneros literarios (poesía, narrativa, dramaturxia e ensaio). Unha poderosa e adversa razón histórica -a censura- provocou que unha parte significativa da súa escrita fose publicada no exilio en Bos Aires baixo o coidado de Luís Seoane. Caso diferente é o da obra poética, dispersa a través de revistas, follas soltas, libros, folletos ou inserida na dramaturxia e narrativa. A reunión de todos os textos poéticos publicados ao longo de máis de medio século (1955-2007) converte en excepcional esta xeira, amosando unha voz ben orixinal dentro da literatura galega.
Máis
(Venres) 20:00
Libraría Cartabón
Calle de Urzáiz, 125, 36205 Vigo, Pontevedra