BannerArribada

decembro, 2019

13dec20:20Presentación do filme 'La felicidad de los perros'ACTIVIDADES PARA O COCO | 4,60€20:20 Multicines Norte

Máis

Detalles do evento

Este venres, 13 de decembro, estrease nos Multicines Norte o film de David Hernández ‘La felicidad de los perros’. Ás 20.20 horas comezará a presentación, proxección e posterior charla-coloquio co director.

Sinopse:

César é un home en paro de 40 anos. Está casado con Sara e teñen unha filla de dous anos. Xa hai tempo que Sara é quen mantén economicamente a familia co seu soldo de perruqueira e trata de apoiar a César para sacalo da súa rutineira vida. Pero algo acontece no interior de César que o levará a mudar o rumbo de vida.

O filme comeza cun can que goza xogando na praia recollendo un pau que alguén lle lanza decontino. Fronte a el está César, o protagonista, que se sente atrapado por unha vida que o oprime. Ata que un día decide fuxir. Así comeza a odisea, fotografada nun fermoso e elegante branco e negro, dun home sen futuro nin esperanza, que se aferra a un pasado que xa non existe e fuxe dun presente que aborrece. Na liña dos meirandes cineastas minimalistas, como Robert Bresson, o director opta pola sobriedade narrativa e a contención formal para plasmar un mundo gris e desalentador que acaba alienando o ser humano.

Hora

(Venres) 20:20

Lugar

Multicines Norte

Calle Vía Norte, 22, 36204 Vigo, Pontevedra

X