Presentación 'Días felices con Fabia', de Xosé Cermeño
Detalles do eventos
Presentación da novela Días felices con Fábia , na Casa del Libro, o xoves 6 de xuño ás 19h. Días felices con Fábia é unha
Detalles do eventos
Presentación da novela Días felices con Fábia , na Casa del Libro, o xoves 6 de xuño ás 19h.
Días felices con Fábia é unha historia de sedución e enganos que transcorre no Porto. Un realizador de televisión en horas baixas chega para facer un documental sobre a acuicultura dos polbos e coñece a Fábia, unha bióloga que vai remover case todo na súa vida.
Na presentación participarán o autor, Xosé Cermeño; o xornalista Tomás Alonso e o director de Edicións en Editorial Galaxia, Marcos Calveiro.
Xosé Cermeño (A Coruña, 1959) é sociólogo, escritor e creador de televisión. Foi director da primeira serie de ficción en galego, Os outros feirantes, en 1990, e creador da primeira comedia na TVG, Pratos Combinados (1995-2006), unha produción xerminal no noso audiovisual. Imaxinou e dirixiu programas de éxito, como Larpeiros (2007-2019), ademais de ser autor e guionista doutras producións.
Máis
Hora
6 xullo, 2023 19:00(GMT+01:00)
Localización
Casa del Libro
Rúa Velázquez Moreno, 27, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes