
Presentación 'Descubrindo Ana Pontón'
Detalles do eventos
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, presentará en Vigo o libro ‘Descubrindo Ana Pontón’, acompañada do autor, Suso de Toro, e do director da editorial
Detalles do eventos
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, presentará en Vigo o libro ‘Descubrindo Ana Pontón’, acompañada do autor, Suso de Toro, e do director da editorial Xerais, Fran Alonso.
Sinopse
O escritor Suso de Toro segue os pasos de Ana Pontón, dende a súa infancia até a actualidade, dende aquela nena até esta muller que é observada por moita xente, desvelando a súa personalidade e o seu traballo diario. Trátase do retrato en movemento dunha persoa e dunha personaxe que resultan unha novidade para o noso país. Na súa voz destílanse as experiencias do nacionalismo galego, de xeracións de persoas comprometidas cunha causa que se visibiliza como froito dunha estirpe das mulleres galegas. Esta crónica de Suso de Toro acompaña a ilusión de centos de cidadás e cidadáns que ven en Ana Pontón a líder indiscutible que agarda gobernar Galiza como consecuencia dunha historia de resistencias e de afirmacións de liberdade; esa figura propia dun tempo novo en que as expectativas van da man dunha muller.
Máis
Hora
2 novembro, 2023 19:00(GMT+01:00)
Localización
Casa del Libro
Rúa Velázquez Moreno, 27, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual
Séguenos nas redes