Detalles do eventos
O Conservatorio Superior de Música de Vigo acollerá do 3 de febreiro ao 5 de xuño de 2026 o XI Festival NAS ONDAS 26, un evento consolidado no
Detalles do eventos
O Conservatorio Superior de Música de Vigo acollerá do 3 de febreiro ao 5 de xuño de 2026 o XI Festival NAS ONDAS 26, un evento consolidado no panorama cultural galego con 52 actividades de acceso libre. O festival combina concertos, talleres, clases maxistrais, ponencias e actividades divulgativas, organizadas en ciclos temáticos como Piano, Música Antigua, PercusiónFest, Saxornadas, Son Erasmus, Semana da Música de Nova Creación, Música Tradicional, Letras Galegas e o Día Internacional da Muller.
A programación reúne intérpretes e agrupacións de prestixio co profesorado e estudantado do centro, abordando música antiga, contemporánea, sinfónica, coral, de cámara, música de raíz e novas tecnoloxías aplicadas ao son, en diálogo con outras disciplinas artísticas. Como novidade, parte do festival trasladarase a outros espazos culturais da cidade e provincia.
O festival comeza coa Semana da Música Antigua, con actividades como danza histórica con Diego Ruenes, o concerto “Concert spirituel” de Viktoria Salo, Álvaro González e Sofía Villanueva, as Suites Orquestrais de J.S. Bach en Pontevedra e “Corpos Sonoros III 2026”, que combina improvisación musical, danza, iluminación e vídeo arte. NAS ONDAS 26 reafirma o compromiso do conservatorio coa excelencia artística e a proxección cultural, consolidándose como referencia na vida musical e artística da contorna.
Hora
3 febreiro, 2026 08:00 - 5 xuño, 2026 22:00(GMT+01:00)
Localización
Conservatorio Superior (O Castro)
Calle de Manuel Olivie, 23, 36203 Vigo, Pontevedra


