
24mar20:00Presentación de 'Tus ojos tras la lluvia'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00 Café Uf
Detalles do eventos
O venres 24 de marzo ás 20:00 horas presenta o seu libro ‘Tus ojos tras la lluvia‘ a escritora Mav Alonso, no Café Uf.
Presentación de 'Tus ojos tras la lluvia'
O venres 24 de marzo ás 20:00 horas presenta o seu libro ‘Tus ojos tras la lluvia‘ a escritora Mav Alonso, no Café Uf.
Tras meses desaparecida, Verónica regresa ao seu fogar a mesma noite que aparece, nunha praia próxima, o corpo sen vida do mozo Gabriel. A súa familia, posuidora dunha gran fortuna e recoñecido prestixio, sofre entón, un golpe definitivo que obriga ao patriarca, Héctor Sierra, a mergullar nos seus recordos mentres contempla impotente como a marea ameaza con mostrar as súas máis terribles segredos.
Dúas xeracións dunha familia enfrontadas: un pai amarrado ao silencio e unha filla perseguindo a verdade. Co marco de fondo dun océano poderoso e envolvente, a historia dos Sierra vai discorrendo veloz, vixiada de preto por unha astuta e implacable inspectora, Dalia Vieito, que non descansará ata desentrañar un misterio que salpica máis aló do aparente.
Pasado e presente altérnanse mentres compartimos cos protagonistas os seus desvelos, paixóns e miserias, ata un final vertixinoso e inesperado.
Pode o silencio protexer aos teus fillos ou é a verdade o principio da redención?
Máis

(Venres) 20:00
Café Uf
Pracer, 19, 36202 Vigo, Pontevedra