REVISTA VERAN

17xuñ20:00PRESENTACIÓN DE 'SEREAS AFÓNICAS'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+02:00) Asociación Cultural Évame Oroza

Detalles do eventos

Luísa Abad presenta o seu terceiro poemario, Sereas afónicas, na A. C. Évame Oroza, acompañada por Xabier Romero (editor da Editorial Elvira) e María Xosé Porteiro (xornalista e escritora).

SINOPSE

Este poemario, dividido en cinco apartados: A foto en sepia, Cada pedra fai camiño, Facendo niño, Recoñecerse noutras voces e Con voz propia, percorre a traxectoria dunha muller, de calquera muller contemporánea.

Denuncia a violencia simbólica que se exerce sobre elas, as dificultades para rachar coa orde “natural” das cousas, o modelado social que fai que calquera rotura co establecido sexa personalizada, as dificultades para ser muller ademais de filla, nai, profesional, parella… Retrata a loita diaria contra a tiranía da beleza, contra o síndrome da impostora, a estafa do amor romántico… Reivindica igualdade nunha sociedade patriarcal que lles nega a voz ás mulleres.

Trátase de pechar o círculo da vida aceptando as derrotas, sendo máis sabias, apoderadas desa voz persoal que sen renunciar aos saberes da tribo e a revalorización dos coidados, proxecte e cree un mundo con máis amplos horizontes.

SOBRE A AUTORA

Luísa Abad naceu na Coruña (1951). É licenciada en Filosofía e Letras (Pedagoxía) pola Universidade de Barcelona. Foi mestra e profesora de Educación Infantil, Primaria e Secundaria. Tamén asesora de Formación Permanente de Educación Infantil e de Coeducación durante nove anos no Centro de Formación Continuada do Profesorado de Vigo. Rematou a súa vida laboral como orientadora de Secundaria.

Na actualidade preside o Ateneo Atlántico de Vigo. É autora de diversas publicacións pedagóxicas e múltiples relatorios sobre coeducación. Este é o seu terceiro poemario despois de No punto de maduración e Limaduras de prata.

Máis

Hora

17 xuño, 2025 20:00(GMT+02:00)

Localización

Asociación Cultural Évame Oroza

Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events