REVISTA FEBREIRO

Presentación de 'Onde ferve a memoria', de  Xavier Rodríguez Baixeras

08nov19:30Presentación de 'Onde ferve a memoria', de  Xavier Rodríguez BaixerasACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+01:00) Escola Municipal de Artes e Oficios

Detalles do eventos

O mércores 8 de novembro, celebrarase, ás 19:30 h, na Hemeroteca da Escola Municipal de Artes e Oficios, en Vigo, a presentación de Onde ferve a memoria, de Xavier Rodríguez Baixeras, con ilustracións de Baldo Ramos.

Acompañando o autor, estará Xosé María Álvarez Cáccamo, poeta.

Baixeras publica, na colección Dombate de Editorial Galaxia, Onde ferve a memoria. Un poemario que fica na primavera silenciosa. Onde o poeta consegue entrar na súa casa, mais só para atopar o abatemento e a disolución de infinitos voos converxentes de morcegos, que logo asociará ao comportamento da anguía, cando esta, antes de se esvaecer no mar, xa non logre regresar en forma larvaria á terra da que partiu.

Xavier Rodríguez Baixeras (Tarragona, 1945). Profesor xubilado de ensino medio de Lingua e Literatura, pertence á xeración poética dos 80. Entre as súas obras destacan Anos de viaxe (1981-1987) e O pan da tarde (Galaxia, 2006). Recibiu o Premio da Crítica española en dúas ocasións e o da Crítica de Galicia, o González Garcés e o Cidade de Ourense. Cultivou a crítica poética (Bos tempos para a lírica, 1980), o libro de viaxes (Brasil no centro, Galaxia, 2011) e mergullouse na gastronomía con Dicionario da comida galega, Rosalía e a cociña e o ensaio Diario de comidas (Galaxia, 2004). 

Máis

Hora

8 novembro, 2023 19:30(GMT+01:00)

Localización

Escola Municipal de Artes e Oficios

Other Events