12dec20:00Presentación de “Nailía”ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+01:00) Librouro
Detalles do eventos
O venres 12 de decembro, celebrarase, ás 20 h, na libraría Librouro de Vigo, a presentación de “Nailía”, Premio Torrente Ballester 2024, de Loli Rodríguez Rodríguez.
Detalles do eventos
O venres 12 de decembro, celebrarase, ás 20 h, na libraría Librouro de Vigo, a presentación de “Nailía”, Premio Torrente Ballester 2024, de Loli Rodríguez Rodríguez.
Acompañando a autora, estará Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.
PREMIO TORRENTE BALLESTER 2024
Nailía é unha historia de historias. De amor, desamor e rancor; de superación, de esperanza e de perdón. Lía, a protagonista, nai e avoa, coidadora, tantas veces vagalume na escuridade para os seus, vai guiándonos por un universo de mulleres diferentes, de personaxes vulnerables, entrañables, mentres loita por non perderse no camiño. A pesar dos atrancos da vida, conserva a ledicia e a bondade, a ansia por aprender e superarse, sempre coa lembranza dun idealizado amor de xuventude que a axuda a elevarse por riba da súa propia realidade. O xurado do Premio Torrente Ballester destacou a boa narración e a axilidade da lectura, nunha novela clásica na forma e estrutura, pero moi actual no xeito de abordar o relato. Tamén salientou a representación de mulleres diversas, as imaxes poéticas e o manexo dos diálogos.
Loli Rodríguez Rodríguez (Torbeo, Ribas de Sil, 1964) estudou Maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela. Abandonou esa profesión para pórse á fronte dunha librería-papelería durante preto de vinte anos. Na actualidade traballa como celadora no hospital do Meixoeiro de Vigo. En 2023 publicou a súa primeira novela, Os nomes de Val.
Hora
12 decembro, 2025 20:00(GMT+01:00)
Localización
Librouro
Rúa de Eduardo Iglesias, 12, 36202 Vigo, Pontevedra



