REVISTA VERAN

26xuñ20:30PRESENTACIÓN DE 'MERIDIANO ORIXE'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:30(GMT+02:00) Asociación Cultural Évame Oroza

Detalles do eventos

Andrea Fernández Maneiro presenta o poemario, Meridiano orixe, gañador do Premio de Poesía do Concello de Vilalba, na A. C. Évame Oroza. O acto, presentado pola filóloga Arantxa Amatriain, conta coa presenza do editor Henrique Albarellos e o músico Manuel Dopico.

SINOPSE

A obra é un espectacular libro de viaxes que percorre medio mundo abandeirando o verso e captando ese intre fotográfico fuxidío dos rostros e as paisaxes: dende Exipto, Vietnam, a India, Porto, Chipre, Romanía a Compostela ou Carril.

SOBRE A AUTORA

Andrea Fernández Maneiro (Carril, 1964) é unha autora recoñecida con numerosos premios literarios e xornalísticos. Así, gañou o IX Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, con Inventario dun adeus. Expiatoria; o XVI Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas, por Edénicas; ou o IV Premio de Poesía Eduardo Pondal, grazas a Voto de silencio.

Máis

Hora

26 xuño, 2025 20:30(GMT+02:00)

Localización

Asociación Cultural Évame Oroza

Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events