
Detalles do eventos
O xoves 24 de abril, ás 20:00 h, a Asociación Evame Oroza acollerá a presentación do libro Memorias de Cara B de Fernando A. Fernández Domonte. No acto
Detalles do eventos
O xoves 24 de abril, ás 20:00 h, a Asociación Evame Oroza acollerá a presentación do libro Memorias de Cara B de Fernando A. Fernández Domonte. No acto participarán o autor Fernández Domonte; o actor Manuel Manquiña; e o editor Xabier Romero. Entrada libre ata completar aforo.
Memorias de cara B, publicado por Editorial Elvira, reúne 25 relatos baseados en feitos reais, contados en primeira persoa con claridade, humor e fondura. Un percorrido pola vida, a cultura e a memoria, onde nomes como Eduardo Blanco Amor, Méndez Ferrín ou Fidel Castro cruzan camiños co protagonista. A obra, escrita maioritariamente en galego, mesturra narración, poesía e testemuño, celebrando a riqueza lingüística e cultural de Galicia.
Fernando A. Fernández Domonte, licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid en 1977, formou parte da derradeira redacción da Hoja del Lunes de Vigo e traballou, entre outros, en RTVE, Diario de Galicia ou Diario 16 de Galicia. Durante a súa traxectoria profesional estivo moi vinculado ao mar e traballou na Consellería de Pesca durante 16 anos. Rematada a súa vida laborla, retomou parte das actividades artísticas que practicaba de maneira incipiente ata dar comezo o seu exercicio profesional, fundamentalmente a pintura e a literatura. Memorias de cara B é o terceiro libro que publica con Editorial Elvira, sendo os dous anterirores Contos da beiramar e Un curso con Carlos Oroza.
Máis
Hora
24 abril, 2025 20:00(GMT+02:00)
Localización
Asociación Cultural Évame Oroza
Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra
- Mes actual