>

23xul20:00Un retrato cru e visceral dos Estados Unidos baixo a ollada de Cristina OleaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+02:00) Librouro

Detalles do eventos

Cristina Olea, correspondente da TVE en Washington, presenta o seu libro, La gran fractura americana, na libraría Librouro, acompañada por Miguel Jiménez, director adxunto de El País e antigo correspondente en Washington.

Ao longo dos seis intensos anos nos que Olea traballou como xornalista en Estados Unidos, preguntou «aos que gobernan», pero tamén percorreu o país para escoitar «aos que inspiran e sofren as decisións políticas». O resultado é La gran fractura americana, «un libro, fundamentalmente, sobre os estadounidenses e unha era de división», que axuda aos lectores a comprender o panorama do segundo mandato de Trump.

Disposta a asaltar o Capitolio en Washington, unha muller está convencida de que lle roubaron as eleccións e ameaza con «un baño de sangue»; en Arizona, un home armado patrulla a fronteira; unha nai atopa ao seu fillo morto sobre a cama por unha sobredose de fentanilo; chaman a un pai para contarlle que dispararon ao seu fillo no instituto; un ancián busca vellas fotografías: o seu pai naceu escravo e o Ku Klux Klan case o lincha… Cristina Olea escribiu algunhas das mellores crónicas dun país convulso para entender unha nación de contradicións centenarias.

La gran fractura americana ofrece, para o lector en español, unha análise única e profunda do que está a pasar. Se para os republicanos Estados Unidos significa ante todo liberdade, para os demócratas é fundamentalmente diversidade. A fractura non é nova, pero Donald Trump e Kamala Harris encarnárona nunha campaña electoral insólita. Nese binomio dirímese o futuro dun país sumido nunha crise de identidade que arrastra ao resto do mundo.

«É un país inmenso e cheo de contradicións e tocoume exploralo nunha etapa convulsa», explica a autora. «Neste tempo cubrín dous procesos do impeachment e varios procesos xudiciais a Donald Trump, o asalto ao Capitolio, as maiores protestas contra o racismo, unha pandemia que fixo estragos tamén aquí… Vívese coa sensación de estar montado nunha montaña rusa. Tamén inmerso na polarización. A gran fractura social non fai máis que agrandarse. É un libro para percorrer algúns quilómetros deste país inabarcable e preguntarnos como chegamos ata aquí», explica Cristina Olea.

Hora

23 xullo, 2025 20:00(GMT+02:00)

Localización

Librouro

Rúa de Eduardo Iglesias, 12, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events