>

18xul19:00PRESENTACIÓN DE 'HISTORIAS DO PÁRAMO'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+02:00) Banda Deseñada

Detalles do eventos

Pjota e Alexandre Senande presentan o seu novo universo de fantasía heroica, Historias do Páramo, en Banda Deseñada. Ambos autores compartirán segredos sobre o proxecto e asinarán exemplares (admítense sinaturas por encargo).

SINOPSE

Cairo é unha candorca vagabunda que vive nun páramo abatido pola violencia de bandidos, bestas e señores da guerra sedentos de poder. Outros moradores fan o que poden para saír adiante neste mundo inhóspito e perigoso. A súa turbulenta vida dará un xiro no momento en que adopta unha peculiar rapaza que atopa tras unha escaramuza. Cairo e os seus compañeiros veranse envoltos nunha aventura inesperada, pois esa rapaza é de sumo interese para as forzas escuras que habitan neste lugar.

Hora

18 xullo, 2025 19:00(GMT+02:00)

Localización

Banda Deseñada

Rúa Portela, 3, 36205 Vigo, Pontevedra

Other Events