BIBOPALULA

06xuñ19:00PRESENTACIÓN DE 'ESCULTURA PÚBLICA EN VIGO'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+02:00) Biblioteca EMAO

Detalles do eventos

No marco dos Venres da EMAO, Mercedes Bangueses Vázquez presenta o seu libro, Escultura pública en Vigo. O acto, presentado por Rosa García (mestra de talla e escultura en madeira da EMAO), terá lugar na biblioteca do propio centro.

Mercedes Bangueses Vázquez é doutora en Historia da Arte, membro do Instituto de Estudos Vigueses, no que desenvolve na actualidade o cargo de secretaria. Leva realizando as súas investigacións no campo da Arte, tanto no referente á ilustración de libros editados antes da Guerra Civil española, coma no rescate da historia local, ao ser este un elemento fundamental para entender aspectos históricos complexos.

Máis