REVISTA ABRIL

Presentación de 'Erica'

06xuñ20:00Presentación de 'Erica'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+02:00) Librouro

Detalles do eventos

A libraría Librouro e a Editorial Galaxia comprácense en comunicarlle que este vindeiro luns 6 de xuño, ás 20:00 horas nas
instalacións de Librouro (Eduardo Iglesias, 12) vaise celebrar a presentación pública do libro “Erica”, obra xuvenil de marcado carácter fantástico obra da escritora Ana Vigo

O acto ademáis de coa autora contará coa introdución da escritora e Directora Comercial da Editorial Galaxia, Tati Mancebo. A entrada ao acto é libre e gratuita ata completar aforo.

ERICA

Erica e seu pai chegan á vila da Dormecida tras unha vida de continuas mudanzas.

Cansa de ter que facer amigos que perderá invariablemente ao pouco tempo, rexeita intentalo de novo, mais os nenos do lugar insisten en levala á “mansión”. Neste lugar fantástico descubrirá que existe un mundo paralelo, Morfeonía, habitado por espíritos, dende o que estes soños se poden traer á Realidade.

Aínda que Erica non pode soñar por unha estraña enfermidade, decátase que ten un talento natural para xogar cos soños na Realidade. Grazas aos seus novos amigos, Dalia, Hadri e Agata, cos que ten as súas rifas polo seu carácter competitivo e ambicioso, coñece a necesidade de equilibrio entre os reis de Morfeonía, Soño e Pesadelo, baixo as ordes da Grande Imperante.

Máis

Hora

(Luns) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Librouro

Rúa de Eduardo Iglesias, 12, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events