>
Detalles do eventos
O músico e escritor catalán Enric deSombra presenta o seu libro, El océano puede esperar, na A. C. Évame Oroza. Se o tempo o permite,
Detalles do eventos
O músico e escritor catalán Enric deSombra presenta o seu libro, El océano puede esperar, na A. C. Évame Oroza. Se o tempo o permite, o acto terá lugar ao aire libre, na Praza do Abanico, un espazo cheo de encanto e de poesía.
Trátase dunha antoloxía poética publicada pola editorial Platero, na que o diálogo co mar e a natureza actúa como punto de partida para unha viaxe literaria chea de sensibilidade, reflexión e beleza. A obra, que marca o debut editorial de Enric deSombra, é tamén froito das múltiples experiencias do autor como creador e observador dos espazos que habita e percorre, xa que xurdiu en Altafulla (Catalunya), un lugar no que veraneaba dende moi pequeno.
A presentación, que forma parte da xira do autor por Galicia, contará coa participación da poeta María Lado. No evento, deSombra interpretará os poemas do libro cunha paisaxe sonora. Un serán de poesía con arrecendo a mar.
Hora
7 agosto, 2025 20:00(GMT+02:00)
Localización
Asociación Cultural Évame Oroza
Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
xuño

