BannerArribada

decembro, 2019

13dec19:00Presentación de dúas obras de Zé Paredes e Olívia PenaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00 Centro Cultural Camões Vigo

Máis

Detalles do evento

O vindeiro venres 13 de decembro, preséntanse dúas obras publicadas no número 96 da erregueté: ‘Habitada’, de Olívia Pena, e ‘Os señores do tempo’, de Zé Paredes. Será o venres 13 de decembro no Camões – Centro Cultural Portugués en Vigo (Pza. do Tenente Almeida s/n), ás 19:00.

Despois dunha breve lectura de escenas dos textos presentados, a cargo do grupo Eu.Experimento, manteremos unha tertulia con Zé Paredes e Olívia Pena sobre as súas obras.

“‘Os señores do tempo’ sitúa no vertedoiro un microcosmos que se transforma en reflexo especular dunha sociedade abafada polo consumo, isto é, polo desexo. Mellor: pola manipulación do desexo. Unha sociedade cuxa paixón por posuír infiltra o corpo social, anestesia a conciencia a través dun constante labor de impregnación que nos adorna coas peores fraquezas e nos arrastra até unha barbarie que se viste coas mellores galas do papel couché” (do Prefacio de Manuel Xestoso).

“‘Habitada’ é a história de umha mulher que é várias. Elas habitam no interior dela, numha espécie de simbiose que muitas vezes se confunde com loucura, mas que nom é. Como é possível estar habitada é algo que nom me corresponde a mim explicar. Eu só som a autora da peça, soubem desde o primeiro momento que era isso que acontecia e limitei-me a escrevê-lo” (da Apresentaçom de Olívia Pena).

Hora

(Venres) 19:00

Lugar

Centro Cultural Camões Vigo

Casa Arines, Praça Tenente Almeida, s/n, 36202 Vigo, Pontevedra

X