>

10set19:30Presentación de 'Contubernio Picacho'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+02:00) Peniche Living

Detalles do eventos

Xaime Fandiño presenta a súa nova obra, Contubernio Picacho, en Peniche Living, en compañía do editor e profesor Manuel Bragado e do responsable da Editorial Elvira Xabier Romero.

SINOPSE

Na súa novela, Fandiño propón unha trama tan misteriosa como envolvente: unha familia menonita afincada en Cangas do Morrazo, a desaparición dunha moza viguesa nos anos 60 que reaparece no século XXI, ou a factoría Massó convertida en residencia de maiores.

Unha historia que viaxa entre Vigo e México, pero con epicentro no Morrazo, e que se desenvolve no triángulo vigués formado pola Oliveira da beirarrúa voada, o barrio do Picacho e a zona de Peniche.

Contubernio Picacho é unha alegoría vital que convida a romper cos convencionalismos e reivindica que calquera etapa da vida pode ser o momento perfecto para reinventarse.

SOBRE O AUTOR

Xaime Fandiño é xornalista, doutor en Comunicación e máster en Filosofía. Foi unha das pezas chave na posta en marcha da TVG nos anos 80, onde destacou como creador de programas premiados. Ex decano da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, leva anos vinculado a proxectos interxeracionais e á divulgación sobre a lonxevidade. Na actualidade, é colaborador habitual en Faro de Vigo e impulsor do programa Incombustibles emitido pola TVG.

A maiores, Peniche Living aproveita a ocasión para inaugurar o seu punto oficial de BookCrossing, unha comunidade aberta de intercambio de libros coa que busca fomentar a lectura.

Hora

10 setembro, 2025 19:30(GMT+02:00)

Localización

Peniche Living

R. López Mora, 2, 36211 Vigo, Pontevedra

Other Events