REVISTA ABRIL

19dec19:30Presentación de 'Claustro Corda Comensal'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+01:00) Asociación Cultural Évame Oroza

Detalles do eventos

O poeta de Mos, autor de “Claustro Corda Comensal”, debuta na colección #Dombate de Editorial Galaxia.

En “Claustro Corda Comensal”, Samuel Merino comparte unha crónica do suceso, abrindo unha porta pola que acceder a un recanto da memoria. A través da súa personalísima voz, as lectoras e lectores poderán ser testemuña do esquema dun desastre colectivo. Este #poemario funciona como un comezo onde finaliza algo para que algo empece cando algo conclúe.

Samuel Merino (Mos, 1982) é un creador que desenvolve o seu labor nunha poética en que se aprecia a pegada da súa formación (licenciado en Filosofía pola USC) e mais a súa experiencia no eido das artes escénicas. A súa obra, de carácter reflexivo e autorreferencial, toma corpo na oralidade secundaria dos recitais e en breves presentacións que transitan do teatro á performance.

Nesta liña, van os seus últimos traballos: “Guantanamera. Poema nun só acto” (2021) e “Con esta hoz / Con esta fouce” (2023).

Máis

Hora

19 decembro, 2023 19:30(GMT+01:00)

Localización

Asociación Cultural Évame Oroza

Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events