>
Detalles do eventos
O xoves 28 de maio, celebrarase, ás 19:30 h, na libraría Librouro, a presentación de Catro viaxes de Elena Fahlbusch, de Damián Guede. Acompañando o autor, estará Marcos
Detalles do eventos
O xoves 28 de maio, celebrarase, ás 19:30 h, na libraría Librouro, a presentación de Catro viaxes de Elena Fahlbusch, de Damián Guede. Acompañando o autor, estará Marcos Calveiro, director de Edición de Editorial Galaxia.
SINOPSE
A través da súa mirada, Ana, axudante de dirección, achéganos á rodaxe da película Catro viaxes de Elena Fahlbusch, onde conviven intérpretes singulares, algunhas circunstancias desagradables e mesmo a memoria doutra filmación vinte anos atrás, tamén con Roberto como director. O guión, así como o modo de ser dalgúns dos integrantes do elenco, lévanos a unha reflexión sobre o uso da tecnoloxía na sociedade contemporánea, pero tamén sobre aspectos como a paternidade e a visión do mundo desde a madureza.
Hora
28 maio, 2026 19:30(GMT+02:00)
Localización
Librouro
Rúa de Eduardo Iglesias, 12, 36202 Vigo, Pontevedra


