CASTRELOS 25

24xuñ18:00PRESENTACIÓN DE 'CANTAREIRAS'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:00(GMT+02:00) Biblioteca Juan Compañel

Detalles do eventos

Icía Varela e Xosé Manuel Varela presentan o seu libro, Cantareiras, na Biblioteca Pública Juan Compañel.

SINOPSE

Un percorrido polo legado da música e a poesía popular. A tradición das pandeireteiras. As Vellas de Mens, Eva Castiñeira e Adolfina e Rosa Casás. Da man da pandeireteira Icía Varela e o investigador Xosé Manuel Varela.

SOBRE OS AUTORES

Icía Varela. Filóloga e fundadora do grupo Arredores, co que publicou o disco Ecdise (2024). Subiu aos escenarios con SÉS, Mercedes Peón, Xabier Díaz, Caamaño&Ameixeiras, Fillas de Cassandra ou Xosé Manuel Budiño. Como solista, actuou no Festival Intercéltico de Lorient e no Celtic Connections de Glasgow.

Xosé Manuel Varela. Docente e fundador da Fundación Eduardo Pondal, é un activo dinamizador de iniciativas culturais na Costa da Morte. Premio Bergantiños desde os Libros na súa edición do ano 2000. Publicou con Icía Varela O grilo Míllelo (2014).

Máis

Hora

24 xuño, 2025 18:00(GMT+02:00)

Localización

Biblioteca Juan Compañel

Rúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events