BANNER CANS
BANNER GALAXIA

08mai20:00Presentación de 'Birken'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+02:00) RioLagares

Detalles do eventos

Presentación de Birken de Diego Alfonsín xunto a Xavier Queipo.

SINOPSE

Birken só quere saber onde comezan e onde acaban as preguntas, por iso pon os signos de interrogación ao comezo e ao final. Birken quere saber por que os holandeses si e os galegos non. Birken acaricia as árbores da horta coma se fosen seres queridos. Durante unha viaxe en tren, recoñece un antigo compañeiro da facultade no mesmo vagón e descobren que van visitar a mesma exposición. Birken conta que lle gustaría escribir como Thomas Bernhard, pero como Thomas Bernhard só pode escribir Thomas Bernhard. Birken sabe que nunca, baixo ningún concepto, debería volver a Galicia; pero un día descobre que algo o inquieta nese lugar onde todos aceptamos que se agocha o corazón.

Máis

Hora

8 maio, 2025 20:00(GMT+02:00)

Localización

RioLagares

67PC+2F Vigo

Other Events