
Detalles do eventos
O Ateneo Atlántico de Vigo prácese en presentar o libro Avelino Cabezas e os seus irmáns. Un relato de Narón, de Antón Seoane, quen estará acompañado
Detalles do eventos
O Ateneo Atlántico de Vigo prácese en presentar o libro Avelino Cabezas e os seus irmáns. Un relato de Narón, de Antón Seoane, quen estará acompañado de Carlos Méixome o luns 9 de xuño, a partir das 19:30 horas no Espazo Ateneo.
SINOPSE AVELINO CABEZAS E OS SEUS IRMÁNS
Cinco irmáns, unha saga emigrante ao Mar del Plata. O pioneiro, Avelino, marcha só, e con trece anos. Irán chegando os outros irmáns que pola gracia dos “deuses” están dotados dunha xenialidade comercial insólita, sobresaíndo,(de modo recoñecido, nas citas universitarias de hoxendía), como innovadores e creadores dunha publicidade nunca antes vista.
Historia dunha emigración atípica, sorprendente. Dende a causa da marcha ao éxito acadado e o recoñecemento social da capital porteña, cosmopolita e emprendedora, tal como o deixaron por escrito, en catro idiomas, as multiples publicacions daquela época. Por debaixo de este relato exitoso, flúe outro no que se mestura a dor emocional de por que marchar, a intriga relacional dos caracteres ben distintos dos protagonistas, a implicación con Galicia, a desgraza imprevista para arribar a un final , mezcla de thriller e vodevil. A emigración insólita.
Máis
Hora
9 xuño, 2025 19:30 - 21:00(GMT+02:00)
Localización
Ateneo Atlántico
Rúa do Doutor Cadaval, 17-b 36202 Vigo Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual