Presentanción da Asociación Amigas das Árbores
Detalles do eventos
A recentemente constituída Asociación Amigas das Árbores de Vigo celebrará un acto de presentación pública o vindeiro xoves 12 de decembro ás 19:30 horas, nun
Detalles do eventos
A recentemente constituída Asociación Amigas das Árbores de Vigo celebrará un acto de presentación pública o vindeiro xoves 12 de decembro ás 19:30 horas, nun evento simbólico que terá lugar na Rúa María Berdiales (rebautizada simbolicamente como “María BerdeEs”), no tramo arborado fronte ao número 34, en confluencia coa Gran Vía. O acto, que se desenvolve nun lugar emblemático para a defensa do arborado urbano en Vigo, busca visibilizar a importancia de preservar o patrimonio natural da cidade e poñer de manifesto o compromiso cidadán coa conservación das árbores e a biodiversidade urbana. Esta localización ten un significado especial, pois en 2018 a veciñanza logrou deter a tala do arborado deste tramo de rúa, un exemplo de loita colectiva que inspira os obxectivos fundacionais da Asociación.
Programa do acto
- O acto será presentado pola artista Petra Porter e abrirase coa actuación da cantante Su Garrido Pombo,
interpretando a peza “A Horta do Berbés”. - Lectura do Manifesto fundacional de Amigas das Árbores por Julián Hernández, líder de Siniestro Total e veciño deste
barrio de Casablanca, comprometido coa defensa das árbores. - Entrega das distincións “Viguesas Distintas” á veciñanza de María Berdiales e ao alumnado do Colexio Público
Chans-Bembrive, como recoñecemento ás súas accións en defensa das árbores urbanas en María Berdiales en 2018
e na Falperra en 2024. - Descuberta dunha placa simbólica renomeando a rúa como “Rúa María BerdeEs”, en homenaxe á acción cidadá pola
salvagarda do arborado.
Un manifesto polo futuro verde de Vigo
A Asociación Amigas das Árbores nace coa misión de defender o arborado urbano, as zonas verdes e a
biodiversidade da cidade, traballando contra as talas e mutilacións de árbores e promovendo un modelo de xestión
máis respectuoso e sostible. O seu Manifesto fundacional, que será presentado no acto, fai un chamamento á
cidadanía e ás administracións para que se comprometan a:
- Protexer e conservar as árbores e os espazos verdes de Vigo.
- Denunciar as agresións ao patrimonio natural e esixir o cumprimento das normativas ambientais e urbanísticas.
- Divulgar a importancia das árbores urbanas para a saúde, o medio ambiente e o benestar da poboación.
Máis
Hora
12 decembro, 2024 19:30(GMT+01:00)
Localización
Rúa de María Berdiales
Rúa de María Berdiales, 34, Santiago de Vigo, 36203 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes