VIALIA
bannerPicnicSesions

Presentación 'Convite de defuntos'

10feb19:00Presentación 'Convite de defuntos'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00) El Corte Inglés

Detalles do eventos

Eduardo Sánchez Martínez presenta a súa última novela ‘Convite de defuntos’ mañá venres 10 de febreiro ás 19.00 horas na librería (planta 5ª) do Corte Inglés. Despois do gran éxito e a boa acollida da súa anterior novela, “A Curandeira do Esquecemento”, os protagonistas principais da mesma regresan noutra trepidante aventura repleta de misterio, terror e erotismo. Esta vez o escenario elixido é o incomparable marco que proporciona a enseada de San Simón (Redondela). Sen dúbida, unha horrible novela negra cun sorprendente final, que non deixará indiferente ao lector.

Convite de defuntos: Santino Sputch, o exmiembro da Policía Federal Arxentina con raíces galegas, volve á localidade de Ponte Caldelas un ano despois da súa anterior experiencia no caso de ‘A Curandeira do Esquecemento’. Como regalo sorpresa de aniversario, decide regalarlle á súa parella Natalia unha estancia de fin de semana no hotel Stella Maris da illa de San Simón, na que terá lugar unha cea baile de disfraces con motivo da celebración do Samaín. Varias mortes en estrañas condicións alteran a tranquilidade dos veciños do apracible pobo costeiro de Cesantes. Será tan só o principio dunha macabra espiral de traxedia.

Eduardo Sánchez Martínez (Vigo,1976): Pertenceu durante vinte e un anos ao corpo da Garda Civil. Acredor e posuidor de varias condecoracións ao valor e ao mérito polo seu labor profesional.

Máis

Hora

(Venres) 19:00(GMT+01:00)

Localización

El Corte Inglés

Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events