Detalles do eventos
O vindeiro sábado día 9 de maio, ás 11:30, Ángela Curro e David Braña estarán en Banda Deseñada presentando a súa última creación: Pat Estrela.
Detalles do eventos
O vindeiro sábado día 9 de maio, ás 11:30, Ángela Curro e David Braña estarán en Banda Deseñada presentando a súa última creación: Pat Estrela.
Trátase dunha actividade de especial interese para os máis pequenos, xa que os autores realizarán un pequeno obradoiro no que lles ensinarán aos asistentes os segredos para aprender a debuxar aos protagonistas.
Ademais, os creadores tamén asinarán exemplares do cómic. Para aquelas persoas que non poidan asistir, a libraría admite encargos.
A edición está dispoñible tanto en galego como en castelán.
Hora
9 maio, 2026 11:30(GMT+02:00)
Localización
Banda Deseñada
Rúa Portela, 3, 36205 Vigo, Pontevedra


