CANS

28abr19:30PRESENTACIÓN 'Como o can ao trousado'ACTIVIDADES PARA O COCO |De balde19:30(GMT+02:00) EMAO

Detalles do eventos

Organizan na sala da Hemeroteca da Escola Municipal de Artes e Oficios un acto literario/musical para entregar os exemplares da novela/armatoste ‘Como o can ao trousado’.

Ademais da lectura de textos explicativos por parte do colectivo de ‘As Sabelas’ e do recitado de poemas de mocidade do defunto Lourenzo Trasmallo (protagonista da novela) polas ‘Doctas Puellas’, o mestre mundial da zanfona Anxo Pintos deixará de lado os seus múltiples compromisos para deleitar ao público coa execución (no mellor sentido da palabra) dun par de pezas musicais.

Tras un breve descanso no que o marabilloso novelista Miguel Anxo A. Diz torturará ao autor coas súas inquisidoras preguntas, volverá a música nas privilexiadas mans de Manolo AVilches, que, acompañado pola incrible voz de Lita Martínez e o suave percutir de Chuco Estévez nos instrumentos acaídos, porán o axeitado colofón a este interesante acto coa estrea mundial da canción ‘Nais de Palestina’, composta especialmente para este acto.

Hora

28 abril, 2026 19:30(GMT+02:00)

Localización

EMAO

36201, Rúa de García Barbón, 5, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events