
22abr11:30Presentación comic 'Contrition'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde11:30 Banda Deseñada
Detalles do eventos
‘Contrition’ é unha pequena localidade perdida no condado de Palm Beach que acolle a un amplo número de exconvictos condenados por delitos sexuais. Estes residentes forzosos viven alí
Presentación comic 'Contrition'
‘Contrition’ é unha pequena localidade perdida no condado de Palm Beach que acolle a un amplo número de exconvictos condenados por delitos sexuais. Estes residentes forzosos viven alí como nun limbo, marxinados do resto do mundo. Cando un deles morre nun incendio na súa propia casa, a policía atribúe o suceso a un accidente doméstico. Pero Marcia, unha xornalista local, sospeita que as aparencias enganan. Un dos comics do ano. Trátase dunha obra onde os seus autores, Carlos Portela ao guion e Keko na parte gráfica, dérono todo e deixáronse a alma para realizar un cómic perfectamente equilibrado na súa dobre función de denuncia e entretemento.
Keko e Carlos estará en Banda Deseñada o vindeiro sábado día 22 para presentar o cómic e firmar exemplares. Farano en dobre sesión de mañá e tarde.
11:30 h Presentación e coloquio cos autores seguida dunha sesión de firmas matutina. 1
19:00 h Sesión de firmas vespertina.
Conven poñerse en contacto co local para reservar cita e asegurar a túa dedicatoria.
Máis

(Sábado) 11:30
Banda Deseñada
Rúa Portela, 3, 36205 Vigo, Pontevedra