Detalles do eventos
O Ateneo Atlántico prácese en presentar o libro ‘El Ring / O Ring’ de Yolanda López. Acompañado dun combate de versos coa participación de
Detalles do eventos
O Ateneo Atlántico prácese en presentar o libro ‘El Ring / O Ring’ de Yolanda López. Acompañado dun combate de versos coa participación de Luísa Abad, Toñi Caseiro, María Villar, Nila A. Pousa, Aarón F. Outón e Elena Lameiro.
Sobre ‘El ring/ O ring’:
Composición en dezasete asaltos e un desempate a modo de puxilato poético onde os rounds se gañan en versos ousados, de metafórica superior e fulgurantes símiles en versos rotundos e cortados a cantil. Cada un deles está encabezado por un elemento representativo do deporte do boxeo: o locutor, a corda, a luva, até desembocar na caída, o tabique, o animal de tiro, o punto de fuga. Percébese paralelismo entre boxeo e xedrez para enfatizar a loita contra un mesmo e a soedade até chegar ao triunfo do eu grazas á resiliencia ante a dor, o que leva á arte de vencer, o xaque mate á morte e á tristeza.
Poesía de identidade, de loita, vangardista, rompedora, onde predomina un estilo expresionista, surrealista, onírico, de elevada intensidade. A poesía como espello do oculto que ao remate da batalla sae á luz. O salto ao cuadrilátero para vencer ás adversidades da vida.
Xoves 16 de abril, ás 19.00 horas.
Na biblioteca da EMAO, en García Barbón 5.
Hora
16 abril, 2026 19:00(GMT+02:00)



