Detalles do eventos
O Instituto de Estudios Vigueses presentará a programación de actividades do seu FÓRUM 2026. O acto estará a cargo de Antonio Giráldez Lomba (vicepresidente
Detalles do eventos
O Instituto de Estudios Vigueses presentará a programación de actividades do seu FÓRUM 2026.
O acto estará a cargo de Antonio Giráldez Lomba (vicepresidente do IEV) e José Luis Mateo López (vocal da Xunta de Goberno do IEV). O Instituto de Estudios Vigueses, ademais de investigar todo o relacionado con Vigo e a súa área de influencia, divulga estes mesmos estudos. Este segundo obxectivo complétase mediante a súa revista anual e todos os libros publicados, pero tamén desde 2018 a través do FÓRUM. Cada ano constátase unha maior asistencia ás conferencias e actividades, o que anima ao instituto a presentar un ano máis un FÓRUM, que nesta ocasión leva o lema “Mirar Vigo, mirar por Vigo”, ofrecendo novos contidos variados e de calidade.
Hora
26 febreiro, 2026 12:30(GMT+01:00)
Localización
Escola Municipal de Artes e Oficios

